sábado, 25 de mayo de 2013

Compaña e escenarios.

Hai persoas que posúen o luxo de poder falar de escenarios con naturalidade, e hai escenarios de luxo que dan fulgor natural ás persoas.
Mil e unha veces referirei o feitizo de Compostela. Feitizo aínda sendo este frío, como de pedra húmida, e raiolas de sol agochadas que asoman -se acaso e por ventura- entre os muros, as paredes, as rúas estreitas e de aparencia confusa.
Sempre teñen un aquel os encontros en Compostela. Os cafés de mañá, os xantares, as tertulias entre lusco e fusco, as ceas de moitos, as algueiradas baixo a lúa chea, as confidencias, os sorrisos, os anhelos, ata as bágoas... todo ese compendio de pequenas grandes cousas compartidas nun vis a vis,  deixan un resabor diferente baixo o seu eterno cheiro a lar. Nese resabor, e noutras moitas minucias radica o seu poder engaiolante. 
É Compostela a única cidade que me semella abeiradoiro.
Abeiradoiro e escenario de compañas. Compañas de sempre, compañas renovadas que se indagan para ser quen de dilucidar se paga a pena acompañar, compañas lonxanas e imaxinarias que ansias acompañar...


http://www.youtube.com/watch?v=UMXiD34wPTU

Esta versión xoia de "Astronauta Lírico"-orixinal de Vitor Ramil-,  para todas as miñas compañas destes días en Santiago.
( Foto: decembro 2010, soportais da Quintana)