jueves, 24 de enero de 2013

Verbas á música de Xabier.


El pedíumo e  cumpro co seu devezo. 
Non podía estrear este novo blog que "soa" a axóuxere, cunha entrada mellor, versando sobre música. Doulle forma con anacos do correo electrónico que lle fixen chegar fai uns días, correspondendo asi a un trato virtualmente concertado.

"O rostro doce dunha muller non concreta, un bico de pedra, un eterno viaxeiro hacia ningún ou algún lugar, unha tarde de inverno nunha praia sen testemuña, un café compartido coa penumbra confidente, o son do premer das teclas dunha antiga máquina de escribir nun cuarto esquencido…
Estas poderían ser algunhas das múltiples imaxes evocadas o sumerxirme nas túas letras. Escollín fotos miñas para facer palpables dalgún xeito para ti, esas visións tan idílicas como sosegadas, establecendo tamén, certa "conexión" entre as túas verbas cantadas e as instantáneas que vou “espoliándolle” ó mundo. Porque si, porque se me veu á mente tal asociación e porque me prestou materializala.

E é que se teño que definir nunha soa verba o sentir xeral ó escoitarte, esa sería SERENIDADE. Pode semellarche un absurdo, ata pode non gustarche causar ese efecto, mais, a lo menos no meu caso, excepto en intres nos que é prefireble non pensar e nesa búsqueda se opta por unha música máis ruidosa, menos íntima… sempre aposto por aquela outra que me transmite a calma precisa para usala como refuxio, desfrutala e “voarme” da realidade por un intre. A túa vai sobrada neste fin e iso para min, sen maior pescuda, di moitísimo ó teu favor como profesional do arte das musas.

Aínda así, veña!, voume animar a profundizar un pouco nela dándoche humilde opinión, xa que niso consistía a miña parte no intercambio pactado entre os dous.

Continuo sendo sincera se confeso que despois de verte/escoitarte nos vídeos, guitarra en man, armónica “en boca” de por veces, e coa túa voz “espida”  nese escenario, sen ningún outro tipo de acompañamento, todiño o demáis é… superfluo. Quero dicir con isto que en directo, só cos elementos que che acabo de mencionar, chegas tan fondo -non teño reparo en admitir que me abraiaches e para ben- que o traballo de estudo, por moi bo que sexa –e disto evidente, non entendo nadiña- nunca parece superar o cantar libre, sen adornos, carente de artificio. É unha percepción compartida co facer de máis artistas do gusto, manía se queres, son amiga da sinxeleza. Menos sempre é máis. 
(Cobizo un acústico estando presente de xeito físico, como non...)
...

Perdoa se me amosei osada. O que non resulta osado dicir é que ti superaches o meu reto -musicalmente falando- con moi boa nota. E aseguroche que a honestidade é a "marca" de todo o exposto, para o bo, que é case todo; para o malo, que como observas é ben menos.

Quedóuche claro o tema que tes que preparar para que eu o poida saborear en exclusivo directo e con exclusiva adicación? Lembra que tes un contrato verbalmente "asinado" comigo. Despois diso, senón me convences xa podes "marchar que tes que marchar"  ;-)...

Unha aperta e a seguir disfrutando da cidade da furia.

Bicos Xabier. "


...Colle a fruta e mordea, e que o zume che empape a boca. Ese é o bocado que vale. A vida é iso, dilación, nena miña. Unha explosión de dilación que se permite o universo. Puro consumo artibrario de enerxía... Da novela "Crematorio". Rafael Chirbes. 
Non deixes de fincarlle o dente Xabier ...