miércoles, 3 de julio de 2013

Compartir, celebrar...


"... Non poido dicirche quen es nin quen deberías ser.
Só poido quererte como eres e ser o teu amigo..." J.L. Borges.

...Tanto que compartimos, tanto que nos queda por compartir. Afortunada por atoparte no camiño, por seguirte, porque me sigas. Ditosa polas ilusións conxuntas, polos milleiros de minutos de confidencias, polos momentos de luz e polos intres escuros, pola complicidade, pola evolución parella. Contigo, todo contigo.
... Tanto celebrado, tanto que nos queda por celebrar. Parabéns sinceros para ti, amiga! Que nos una o anhelo por continuar medrando á par. Que cumpras infinitos máis!

( E de novo tiro desta canción sublime. Para ti...)




sábado, 25 de mayo de 2013

Compaña e escenarios.

Hai persoas que posúen o luxo de poder falar de escenarios con naturalidade, e hai escenarios de luxo que dan fulgor natural ás persoas.
Mil e unha veces referirei o feitizo de Compostela. Feitizo aínda sendo este frío, como de pedra húmida, e raiolas de sol agochadas que asoman -se acaso e por ventura- entre os muros, as paredes, as rúas estreitas e de aparencia confusa.
Sempre teñen un aquel os encontros en Compostela. Os cafés de mañá, os xantares, as tertulias entre lusco e fusco, as ceas de moitos, as algueiradas baixo a lúa chea, as confidencias, os sorrisos, os anhelos, ata as bágoas... todo ese compendio de pequenas grandes cousas compartidas nun vis a vis,  deixan un resabor diferente baixo o seu eterno cheiro a lar. Nese resabor, e noutras moitas minucias radica o seu poder engaiolante. 
É Compostela a única cidade que me semella abeiradoiro.
Abeiradoiro e escenario de compañas. Compañas de sempre, compañas renovadas que se indagan para ser quen de dilucidar se paga a pena acompañar, compañas lonxanas e imaxinarias que ansias acompañar...


http://www.youtube.com/watch?v=UMXiD34wPTU

Esta versión xoia de "Astronauta Lírico"-orixinal de Vitor Ramil-,  para todas as miñas compañas destes días en Santiago.
( Foto: decembro 2010, soportais da Quintana)

lunes, 8 de abril de 2013

Os xustos

A mentira, a cobardía emocional, a incoherencia, a falta de lealtade, a inxustiza... Todas elas concibidas como vilezas baixo o meu criterio, resultan tremendamente complexas de tolerar. Con cada unha delas se pelexa no día a día, en cada ámbito,  no persoal, no que a priori semella alleo... Dependendo do intre, da circunstancia, do ánimo, unhas gañan en importancia sobor das outras. 

Dende fai un tempo a inxustiza  semella non ter rival. O chan quebra baixo o seu xugo e a impotencia incendia o estómago para queimar sen conceder tregua.
Borges lémbrame que quedan os xustos, que con eles, cos seus sinxelos e anónimos acenos sobrevivir aínda pode ser factible.

"Un hombre que cultiva un jardín, como quería Voltaire.
El que agradece que en la tierra haya música.
El que descubre con placer una etimología.
Dos empleados que en un café del Sur juegan un silencioso ajedrez.
El ceramista que premedita un color y una forma.
Un tipógrafo que compone bien esta página, que tal vez  no le agrada.
Una mujer y un hombre que leen los tercetos finales de cierto canto.
El que acaricia a un animal dormido.
El que justifica o quiere justificar un  mal que le han  hecho.
El que agradece que en la tierra haya Stevenson.
El que prefiere que los otros tengan razón.
Esas personas, que se ignoran, están salvando el mundo."
José Luis Borges.

(Foto; tomada en Compostela unha tarde calquera de choiva)



lunes, 25 de marzo de 2013

Lazos


"...Duro? Non. Son fráxil, créame. E é a certeza da miña fraxilidade a que me fai fuxir dos lazos. Se me entrego, se me deixo prender, estou perdido.
... E iso significa que aínda non abdico completamente, que por detrás da renuncia aínda vive a esperanza, así como máis alá das nubes o ceo segue azul..."

Parágrafo da novela póstuma "Claraboya" de José Saramago. 



domingo, 24 de febrero de 2013

Os ollos de Gibreel ("5 Cámaras Rotas")



Gibreel nace en Bil´in (Palestina) en febreiro de 2005.
Os seus ollos inmensos, profundos e escuros ábrense ó mundo por primeira vez e ve.

Ve a terra pedregosa e árida que o acolle.

Ve a cámara de vídeo de seu pai Emad, a súa primeira cámara -verá a segunda, a terceira, a cuarta, a quinta... Sempre gravando, sempre ofrecendo testemuño.

Ve a reixa que illa ó seu pobo devorando o terreo, os olivos, a aceituna.

Ve a loita pacífica de cada venres a carón desa reixa; o sorriso infantil de Daba; o activismo apelando ó corazón de xente auténtica como Adeeb; o optimismo de Phil “O Elefante” home amable, bo, máxico, grande e de pel dura;  os bailes e cánticos ante as pequenas vitorias no posto avanzado; a perseverancia, a resistencia pacífica.

Ve o asedio dos seus curmáns de Israel; o exercito israelí; os cartuchos, os gases lacrimóxenos, as balas israelís; o apresamento e o asasinato de nenos coma él, a captura de seu pai, de seus tíos, de Adeeb; o lume israelí que queima o froito da terra de Bil´in; a reixa que caída nos tribunais permañece en pé físicamente; o oportunismo político mediante o uso maculado dos símbolos.

Ve a morte de “Elefante” porque “Elefante” é soñador, e seu pai Emad di que é perigoso soñar.

Ve todo iso porque tamén Emad di que o único xeito de protexelo é permitirlle velo todo, para que constate a fraxilidade da existencia, para que se faga home curtido.

Ve, e o principio non entende nada porque é un cativo, mais sendo aínda un cativo ten que entender, e a medida que lle rachan a infancia entendendo, Emad asegura que só lle quedará a ira.

Ve. E Emad teme que Gibreel non sexa quen de controlar esa ira porque “manter os ideais de non violencia non é sinxelo estando rodeado de morte” porque perder a xente que amas “desencadena tanta ira que os sentimentos da xente estouran e un está preparado para morrer pola persoa perdida” porque non sabe se con todo o que ven os ollos de Gibreel, este será quen de soportar o fervor da sangue.

Porén... 
Emad continua  gravando porque “as feridas que se esquencen nunca se sanan” porque é o seu destino gravar aínda que as experiencias ardan na cabeza, mestura de dor e gozo, medo e esperanza. 
E Gibreel non deixa de ver, porque ten ollos ávidos, porque ten un futuro incerto por diante, onde “a ocupación te colle desprevido”, onde non está permitido pechar os ollos e... soñar. 

( Sempre tiven curiosidade por tratar entender o conflicto palestino-israelí. Emad Burn colabora nesa tarefa. Esta é unha interpretación como outra da historia de Gibreel despois do visionado de "5 Cámaras Rotas". Deixo o enlace deste imprescindible.) 


lunes, 18 de febrero de 2013

Agua sexual- Pablo Neruda.



"Rodando a goterones solos,
a gotas como dientes,
a espesos goterones de mermelada y sangre,
rodando a goterones,
cae el agua,
como una espada en gotas,
como un desgarrador río de vidrio,
cae mordiendo,
golpeando el eje de la simetría, pegando en las costuras del
alma,
rompiendo cosas abandonadas, empapando lo oscuro.

Solamente es un soplo, más húmedo que el llanto,
un líquido, un sudor, un aceite sin nombre,
un movimiento agudo,
haciéndose, espesándose,
cae el agua,
a goterones lentos,
hacia su mar, hacia su seco océano,
hacia su ola sin agua.

Veo el verano extenso, y un estertor saliendo de un granero,
bodegas, cigarras,
poblaciones, estímulos,
habitaciones, niñas
durmiendo con las manos en el corazón,
soñando con bandidos, con incendios,
veo barcos,
veo árboles de médula
erizados como gatos rabiosos,
veo sangre, puñales y medias de mujer,
y pelos de hombre,
veo camas, veo corredores donde grita una virgen,
veo frazadas y órganos y hoteles.

Veo los sueños sigilosos,
admito los postreros días,
y también los orígenes, y también los recuerdos,
como un párpado atrozmente levantado a la fuerza
estoy mirando.

Y entonces hay este sonido:
un ruido rojo de huesos,
un pegarse de carne,
y piernas amarillas como espigas juntándose.
Yo escucho entre el disparo de los besos,
escucho, sacudido entre respiraciones y sollozos.

Estoy mirando, oyendo,
con la mitad del alma en el mar y la mitad del alma
en la tierra,
y con las dos mitades del alma miro al mundo.

y aunque cierre los ojos y me cubra el corazón enteramente,
veo caer un agua sorda,
a goterones sordos.
Es como un huracán de gelatina,
como una catarata de espermas y medusas.
Veo correr un arco iris turbio.
Veo pasar sus aguas a través de los huesos."

(Fotografía: Froito do xogo auga e frores. Tomada fai anos nunha tarde-noite calquera de inverno.)

jueves, 14 de febrero de 2013

Fóra dos brazos dun amor... mellor.

"Fóra dos brazos dun amor... salveime de morrer na cruz..." di Bukowski.
Fóra dos brazos dun amor, engado eu, aprendín a ser libre por fin, a medrar por fin, a voltar á miña esencia por fin. 
E como di tamén Bukowski, un morre moitas veces creendo e esperando, esperando nun cuarto, esperando a chamada, a carta, un golpe, un sinal... voltándose salvaxe por dentro. Máis pracenteiro é "...facer o amor na praia en Del Mar, ha habitación 42 e despois de todo sentado na cama, tomando un bo viño, falando e tocando, fumando, escoitando as olas..." e esvaecer.   Máis pracenteiro completarse en soidade se cadra, buscarse, atoparse, enfrontarse, deleitarse, chegar a quererse. 
Mellor esquencer ese amor que non cumpriu, e que non perdura, como todo amor. Mellor facerse extensible fóra dos brazos dun amor,   decidir sen ataduras, voar soa -esporádicamente acompañada- sen máis pretensión... 
Mellor "... é escoitar o teu nome susurrado na escuridade" de cando en vez.
Mellor...

(Fotografía: Tomada en Praga. Novembro 2.012. "Evocación".) 

lunes, 4 de febrero de 2013

"Malos tempos para a lírica"

Os tempos non semellan propicios  para a ensoñación. Con todo, sempre quedan intres para desfrutar das pequenas cousas do día a día, entre elas recrearse cumprindo  anhelos con escaseza de pretensión.  Con "Malos tempos para a lírica" dou por acadado  un deles, gozar  da fotografía co gusto adicional de compartilo cunha amiga. Esta foto pertence á serie da nosa última sesión.

" No ollo da miña mente, visualizo un detalle. A vista e a sensación aparecerán nunha impresión. Si me excita, hai unha boa ocasión que fará unha boa fotografía..."
Ansel Adams 

jueves, 31 de enero de 2013

Parabéns!

Chegou á miña vida o trinta e un de xaneiro de fai trinta anos. Un manto de neve cubríao todo. Veu ó mundo no cru inverno como refuxio caloroso converténdose en compañeira eterna. 
Complemento, compensación, equilibrio, sosego, alivio, niño, certeza, honestidade... iso e moito máis, é para min. 
Que sigas a coleccionar amenceres e vitorias ó meu carón benquerida irmá!

A túa bso...

lunes, 28 de enero de 2013

Doce disposición


Fin de semana perfecto.
Persoas que convidan á utopía.

"... Pasan lentos os días
e moitas veces estivemos sós.
Pero despois  hai intres felices
para deixarse ser en amizade..."

Do poema "Amistad a lo largo" de Jaime Gil de Biedma.

Soa: "Sweet disposition"- The Temper Trap.

domingo, 27 de enero de 2013

En bucle...


"É unha espiral que, en mín, produce vértigo. Pero acabo por serenarme; 
gruta da pureza.
     A miña entrega a esa ebriedade franca. Que extendín unha saba de orfandades 
sobor do meu poema. E non serve comprender. Como en valses espectrales sobor de piscinas
amnióticas.                        Teatro de delicias. Paporroibo da felicidade.
    Que a miña intelixencia non merque o meu sentido. O tacto, o privilegio, as ganas de tirarse."


Yolanda Castaño.

jueves, 24 de enero de 2013

Verbas á música de Xabier.


El pedíumo e  cumpro co seu devezo. 
Non podía estrear este novo blog que "soa" a axóuxere, cunha entrada mellor, versando sobre música. Doulle forma con anacos do correo electrónico que lle fixen chegar fai uns días, correspondendo asi a un trato virtualmente concertado.

"O rostro doce dunha muller non concreta, un bico de pedra, un eterno viaxeiro hacia ningún ou algún lugar, unha tarde de inverno nunha praia sen testemuña, un café compartido coa penumbra confidente, o son do premer das teclas dunha antiga máquina de escribir nun cuarto esquencido…
Estas poderían ser algunhas das múltiples imaxes evocadas o sumerxirme nas túas letras. Escollín fotos miñas para facer palpables dalgún xeito para ti, esas visións tan idílicas como sosegadas, establecendo tamén, certa "conexión" entre as túas verbas cantadas e as instantáneas que vou “espoliándolle” ó mundo. Porque si, porque se me veu á mente tal asociación e porque me prestou materializala.

E é que se teño que definir nunha soa verba o sentir xeral ó escoitarte, esa sería SERENIDADE. Pode semellarche un absurdo, ata pode non gustarche causar ese efecto, mais, a lo menos no meu caso, excepto en intres nos que é prefireble non pensar e nesa búsqueda se opta por unha música máis ruidosa, menos íntima… sempre aposto por aquela outra que me transmite a calma precisa para usala como refuxio, desfrutala e “voarme” da realidade por un intre. A túa vai sobrada neste fin e iso para min, sen maior pescuda, di moitísimo ó teu favor como profesional do arte das musas.

Aínda así, veña!, voume animar a profundizar un pouco nela dándoche humilde opinión, xa que niso consistía a miña parte no intercambio pactado entre os dous.

Continuo sendo sincera se confeso que despois de verte/escoitarte nos vídeos, guitarra en man, armónica “en boca” de por veces, e coa túa voz “espida”  nese escenario, sen ningún outro tipo de acompañamento, todiño o demáis é… superfluo. Quero dicir con isto que en directo, só cos elementos que che acabo de mencionar, chegas tan fondo -non teño reparo en admitir que me abraiaches e para ben- que o traballo de estudo, por moi bo que sexa –e disto evidente, non entendo nadiña- nunca parece superar o cantar libre, sen adornos, carente de artificio. É unha percepción compartida co facer de máis artistas do gusto, manía se queres, son amiga da sinxeleza. Menos sempre é máis. 
(Cobizo un acústico estando presente de xeito físico, como non...)
...

Perdoa se me amosei osada. O que non resulta osado dicir é que ti superaches o meu reto -musicalmente falando- con moi boa nota. E aseguroche que a honestidade é a "marca" de todo o exposto, para o bo, que é case todo; para o malo, que como observas é ben menos.

Quedóuche claro o tema que tes que preparar para que eu o poida saborear en exclusivo directo e con exclusiva adicación? Lembra que tes un contrato verbalmente "asinado" comigo. Despois diso, senón me convences xa podes "marchar que tes que marchar"  ;-)...

Unha aperta e a seguir disfrutando da cidade da furia.

Bicos Xabier. "


...Colle a fruta e mordea, e que o zume che empape a boca. Ese é o bocado que vale. A vida é iso, dilación, nena miña. Unha explosión de dilación que se permite o universo. Puro consumo artibrario de enerxía... Da novela "Crematorio". Rafael Chirbes. 
Non deixes de fincarlle o dente Xabier ...