miércoles, 3 de julio de 2013

Compartir, celebrar...


"... Non poido dicirche quen es nin quen deberías ser.
Só poido quererte como eres e ser o teu amigo..." J.L. Borges.

...Tanto que compartimos, tanto que nos queda por compartir. Afortunada por atoparte no camiño, por seguirte, porque me sigas. Ditosa polas ilusións conxuntas, polos milleiros de minutos de confidencias, polos momentos de luz e polos intres escuros, pola complicidade, pola evolución parella. Contigo, todo contigo.
... Tanto celebrado, tanto que nos queda por celebrar. Parabéns sinceros para ti, amiga! Que nos una o anhelo por continuar medrando á par. Que cumpras infinitos máis!

( E de novo tiro desta canción sublime. Para ti...)




1 comentario:

  1. Tiña que escribirche tamén por aquí :)
    Moitas gracias nena, por estar, por aguantarme, por esta felicitación, por moitas cousas pero sobre todo gracias por ser a miña amiga!! (soa cursi pero é así).
    Xa o celebraremos :)
    Un besín grande!!!

    ResponderEliminar

Ruxe ti tamén...